A BECHA

"Nas cotas máis altas do Galinheiro existe umha cavidade com umha ampla boca como entrada. As vizinhas das freguessías de Vincios e Zamáns conhéçenna como Cova da Becha, Pedra da Becha ou Coto da Becha.Quem era a tal Becha?

A súa memoria está já moi esvaída.Tratávasse em todo casso dumha serpe ou becha de grande tamanho; ás vezes era nomeada como serpienta, forma esta que resalta as dimenssons do réptil. Um vizinho de Zamáns viuna numha ocassom, asegurando que o seu grossor era o da perna dum homem.

No tempo da parideira das cabras a becha mamava do leite delas, de jeito que os cabritos ficavam cativos pola falta de alimento.Num artigo publicado em imprensa, X.L.Méndez Ferrín revélanos ademais que a grande serpe devorava as ovelhas e cabras que pacíam na serra.

Os vizinhos de Zamáns conheçíam o jeito de aplacala: deixavam á porta da súa cova umha cunca de leite alá polo mes de avril, quando parem as cabras. Añinda hoje, no lugar de Vilaverde, os vizinhos lembram o antigo costume de lhe subir á Becha umha botelha de leite, leite que deitavam numha cunca que deixavam á port da súa casa. Savíam que, deste jeito, as bechas "estám fartas e nom baixam". Outro jeito de conter a súa voracidade consistía em entregarlhe como presente o melhor anho ou cabrito do rabanho familiar, para deste jeito poderem conservar o resto dos animais da casa.

Méndez Ferrín também nos achega máis informaçom sobre as oferendas na Cova da Becha: ademais de leite fresco, deixavam também velas acesas, dado este que provaría a existencia dum antigo culto ofiolátrico.

As grandes serpes adoitavam estar mui relacionadas com a auga: nela habitavam, ou quando menos bebíam dela. Nom savemso onde baixava a acougar a sede a Becha do Galinheiro, quiçás a algúm dos "olhos de mar" da serra. Sim savemos doutra serpe que adoitava ir ao alto dos Cabreiros, perto do lugar da Atalaia. Quando castigava o vento norte e lhe entrava a sede, mordía a ponta do ravo e baixava rolando até o río Zamáns, como fazía a serpe mítica Ouroboros.

Umha informante díxonos que a Becha tinha umha cuncha na cabeça. É possível que se referira ás grandes escamas a jeito de placas que os ofidios apresentam na cabeça. De ser assim, tal vez se tratasse dum testemunho que incide nas grandes dimenssons da serpe e no avançado da súa idade. Sen embargo, também temos que dizer que a Becha do Galinheiro semelha que nom chegou a acadar o extraordinario tamanho doutras grandes serpes das nossas lendas tradicionais. Prova disto é que nunca se escoitou que consumira gando maior, e muito menos pessoas. A carga que supunha a súa presencia nom era seguramente tam gravossa como noutros cassos, e quiçás por isso as vizinhas nom se preocuparom (que saivamos) de procurar a maneira de eliminala.

Outra informante, vizinha de Vilas, di que na Cova da Becha "disque apareçía umha serpienta cantando". Neste caso consideraríasse a Becha como a forma animal que adoptaría umha mulher sobrenatural, quiçás a mesma Velha, da que falaremos máis adiante. Nom sería estranho: o motivo do ser mágico feminino que adopta a apariencia dumha cobra está mui documentado: a serpa ou moura galega, as xanas astures, as encantades catlás ou as Mari de EH.

Agora bem, quando falamos de serpes gigantes, a qüestom do sexo nom está nada clara."

De As Covas de Vincios
Coordena: Clube Espeleolóxico Maúxo
Edita: Comunidade de Montes en Mancomún de Vincios.
AS MOURAS E A REXIÓN DO GALINHEIRO

"A Vella representa a Deusa total. Com todo, encarna en maior medida o aspecto máis invernal da natureza, as orixes do mundo e da comunidade humana, ou o escuro mundo dos mortos.

Sen embargo, ela abranxe tamén outras funcións, como a maternidade e a fertilidade, o amor, a sexualidade etc. Así é que cando o considera oportuno, transfórmase. É o deslumbrante arquetipo da deusa xoven, que recoñecemos tamén na moura galega: muller nova que sáuda os raios primeiros do sol no alto dun penedo peiteando os seus longos cabelos loiros cun peite de ouro. O seu bonito vestido bordado, o seu manto azul celeste, as xoias que a enfeitan, a súa pel esmacelada e, sobretodo, a aura tan especial que a envolve, revélanna diante do labrego ou labrega que a observa como a manifestación dunha muller do Outro Mundo. Os nosos “encantos” tenhen muito que ver coas fadas europeias.

As mouras adoitan manifestarse en solitario, inda que ás veces o fan en grupos de tres, oq eu nos remite ao repetido motivo da tríade de deusas, tan común na mitoloxía europeia. En solitario móstranse cáseque todas as mouras encantadas da serra do galinheiro. Gostan especialmente dos grandes penedos, en particular daqueles que se encontran ocos no seu interior, e com formacións xeolóxicas do tipo ninho de abella.Así atopámolas no Coto da Moura de Chaín, na Campana das Mouras de Pinheiro ou na Pedra Moura de Xián. Gostan tamén de lapas como a Lapa da Moura de Vilas.

A proximidade dun regato ou dunha fonte é mui importante para elas, xa que están mui relacionadas coas augas, nas que en ocasións podem habitar, e que se usan en todo caso para se lavaren e peitearen.

Non sempre se manifestan como mozas, tamén como mulleres ou incluso vellas (outravolta).

As mouras do Galinheiro son conhecidas nas freguesías da serra como mouras encantadas ou senhoras. Estas denominacións revélannos, por un lado, a natureza máxica destes seres e por outro, a maxestade que as envolve.

Aínda que a vida destes seres é moi lonxeva, o seu periodo de encantamento sempre ten un límite. Se se remata e non é desencantada introdúcese para sempre no interior dunha pedra (segundo unha vecinha de Prado, Gondomar) ou descende río abaixo.

Algunhas mouras aparecían montadas a cabalo. É o caso do encanto da Sepultura (Prado) que saía na medianoite do día de San Xoán a lombos dunha cabalaría. O cabalo era o vehículo máxico que servía de comunicación a estes seres entre o aquén e o Alén.

Como norma xeral o cristianismo combateu todas as manifestacións preexistentes do sagrado feminino. Demonizou a vella Deusa degradándoa até convertela en vulgar bruxa. Coas moura snon foi muito máis indulxente, se bem a forza da devoción popular foi tal que a igrexa non tivo máis remedio que transixir nalgúns casos, limitándose a vestir a santigas divindades coas roupas da haxiografía oficial.
Foi así como se estenderon por toda a nosa xeografía santuarios adicados a santas e virxes en fontes, covas e cumes de montes, xustamente nos mesmos lugares no que entempos pasados o povo adoraba as vellas deusas da natureza."

De As Covas de Vincios
Coordena: Clube Espeleolóxico Maúxo
Edita: Comunidade de Montes en Mancomún de Vincios.
A VELLA E A REXIÓN DO GALINHEIRO

“E mentres a sombra do inverno vai ecurecendo o Galinheiro, umha inesperada fumareda elévasse sobre a Fonda do Arruído: no seu fogar entre os penedos a Vella prendeu o lume. Moi pouco se sabe da Vella.A ela aludem dous topónimos :Cova da Vella e Afumegha a Vella, ambos situados en monte comunal, no entorno do Arruído. Cando no inverno corre a auga sobre a laxe conhecida como Afumegha a Vella, por veces, com vento forte de sudoeste, esas augas son empurradas cara arriba, dando lugar a un estranho fenómeno que, ollado desde abaixo, semella unha fumareda que se eleva sobre as rochas.Este mal asóciase coa chegada da chuvia.É entón cando a memoria popular recupera a figura da Vella:

“Ai, como fumegha a Vella!(...)
Andai, ide a i-herba,(...) que xa empesa a fumeghar a Vella(...)”.

É mui raro que alguén proporcione algunha información adicional sobre ela. Cando isto acontece e, por escasa que sexa, para nós é un auténtico tesouro, dada a trscendencia que esta personaxe debeu ter , na nosa opinión, na concepción mítica do entorno dos antigos povoadores do Galinheiro.Un informante relaciona o fume da Vella coa preparación das castanhas en inverno.”

Quen era realmente a Vella??No noso país agóchase normalmente nos nomes de certas covas, cumes e elementos do mundo físico, tamén dentro de certos disfraces na nosa tradición: o nome do arco iris (Arco da Vella), na Bruta dalgúns contos populares, en figuras mitolóxicas como a Raíña Lupa e a Orca Vella, ou nalgunhas das raínhas mouras ou mouras vellas das nosas lendas populares.

A Vella galega e portugues é a Vieya asturiana, e existen en todo o mundo personaxes máxicas que presentan certas afinidades con ela. A Vella galega está relacionada co mar (en Fisterra estaba enterrada a terríbel Orca Vella por exemplo), pero com todo a soberanía da Vella estendíase terra adentro: ora caminhando grandes distancias, por pastos e turbeiras, ora saltando de cume en cume, a súa presencia abranxía a terra toda, cando en tempos pasados nengún deus masculino lle facía sombra. Altos montes que lle puideran porporcionar o abrigo dunha cova constituían para ela o seu mellor fogar. As dúas pegadas ficaban impresas na pedra para a eternidade.

Deusa das profundidades da terra e dos seus tesouros, valedora dos animais salvaxes, senhora da noite e da morte, era tamén unha deusa das alturas que tinha o seu espello no firmamento: a nosa Vella quizais fora tamén a Vella da Casa das Estrelas dos contos tradicionais, ou quizais unha encarnación da propia lúa.

A Vella dominaba tb a climatoloxía e predicía así mesmo o tempo e rexía o caudal de ríos e manantiais.”

“Unha das súas especialidades era o fiado artesanal com fuso e roca, igoal que acontece coas mouras, outra actividade característica era o gando e o pastoreo e disque o seu apetito sexual era insaciável....

A vella adoita renovarse cíclicamente, renacendo como unha muller nova e fermosa.Muitos son os homes que a acampanhan;a todos eles acaba dando sepultura. Ela permanece. Por veces, é a orixe de longas xenealoxías femininas, sendo un dos seus atributos o dominio das artes máxicas.

A Vella, gardiana das portas do Alén, levaba ás veces com ela para o outro mundo homes novos, logo de derrotalos nalgún tipo de luita ou proba.Asoma aquí a vella deusa da guerra que puido ter sido nalgún tempo.

Este tipo de asociacións que relacionan a Vella coa morte e co inverno púxolle as cousas bem fáciles ao clero medieval que, deixando de lado os aspectos positivos da da vella deusa,demonizouna, degrándoa á condición de simples bruxa sobrenatural. Naceu así toda unha recua de repulsivas mulleres caricaturizadas, fanadas, de longas guedellas brancas ou rostro azul, como a Tía Xuana, a Orca Vella, María-Manta ou a Meiga dos Dentes Verdes. Bruxas sobrenaturais como as sete meigas que se reúnen nas nas noites de S.Xoán na Fonte do Lameiro, en Prado (Morgadáns).”

Fórmula de Zamáns sobre o Arco da vella:

“Barco da vella, vaite de aí
porcos e porcas fozan en ti”

De As Covas de Vincios
Coordena: Clube Espeleolóxico Maúxo
Edita: Comunidade de Montes en Mancomún de Vincios.
Download Design interactivo da Cova da Moura